OS SOCIALISTAS PREGÚNTANSE SE VILLARES, BALSEIRO OU ALGÚN EDIL DIMITIRÁ POR MESTURAR O ESCUDO DO CONCELLO CO LOGO DO PP NO ÚLTIMO PROGRAMA ELECTORAL
-Din que “o goberno local está a pedir dimisións en outras administracións por algo que xa está totalmente aclarado”
-Dende o GMS insisten en que “parece mentira que o equipo de Goberno do PP fale de uso partidista de medios institucionais cando é a súa práctica habitual”
Dende o PSOE de Cervo aseguran que “é unha verdadeira pena que, coa que está caendo, a única proposta do PP sexa insistir nun asunto que xa está solucionado, en lugar de propoñer iniciativas que resulten de interese e beneficiosas para o Concello e o conxunto da cidadanía”.
Os socialistas cervenses insisten en que “parece mentira que o goberno de Cervo fale de uso partidista de medios institucionais cando é a súa práctica habitual, á hora de contratar persoal, de outorgar subvencións, de favorecer a certas organizacións dependendo de quen as dirixa…”
Tan só basta con lembrar o seu último programa electoral onde “a simboloxía do Partido Popular se mesturaba fácilmente co escudo do noso municipio. Non se dá conta, o PP de Cervo, que o concello é unha institución na que estamos representadas tres forzas políticas, ou é que pensa que a administración local é unha sede do PP”.
Os socialistas pregúntanse “quen vai dimitir no Concello de Cervo entón, o señor Villares, o señor Balseiro, algún outro dos concelleiros. Non sabemos quen financiou esa propaganda, queremos supoñer que o PP de Cervo, o que sí sabemos é que utilizar o escudo dun Concello nun programa electoral dun partido é facer un uso partidista dunha institución, e o equipo de Goberno do Partido Popular faino a diario”.