Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE quere coñecer si existe algún acordo ou compromiso sobre o proxecto de acceso central da A-8 coa cidade de Mondoñedo

Rego rexistrou unha iniciativa sobre a estrada LU-124 que da acceso a autovía

OS SOCIALISTAS RECLAMAN EXPLICACIÓNS SOBRE OS ACCESOS DA A-8 NO CONCELLO DE MONDOÑEDO

-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego quere coñecer si existe algún acordo ou compromiso entre o Goberno Autonómico e o Ministerio de Fomento sobre o proxecto de acceso central da A-8 coa cidade de Mondoñedo?

Mondoñedo, 21 de xulio de 2012. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou hoxe que rexistrou unha iniciativa no Parlamento na que reclama explicacións ao Goberno de Feijoo sobre os prazos e o orzamento previsto na estrada autonómica LU-124 entre Mondoñedo-Lindin, xa que da acceso a autovía do Cantábrico.

O deputado sinala que veciños e veciñas afectados polo recorrido deste trazado amosaron ao Grupo Parlamentario Socialista a súa preocupación polo estado desta infraestructura viaria.

Rego quere coñecer si existe algún acordo ou compromiso entre o Goberno Autonómico e o Ministerio de Fomento sobre o proxecto de acceso central da A-8 coa cidade de Mondoñedo?.

Ademais quere saber cal é o orzamento previsto pola Xunta para executar as obras de acceso a Mondoñedo, no enlace da autovía do Cantábrico?, e por último cal é o calendario previsto pola Xunta para levar adiante esta obra?

Exit mobile version