Site icon Crónica3.com A Mariña

O responsable nacional do BNG acusa á dirección de Alcoa de utilizar a tarifa eléctrica para xustificar recortes de persoal e deslocalización

GUILLERME ACUSA Á DIRECCIÓN DE ALCOA DE UTILIZAR A COARTADA DA TARIFA ELÉCTRICA PARA XUSTIFICAR OS RECORTES DE PERSOAL A DESLOCALIZACIÓN

Viveiro, 6 Xullo 12. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acusou esta tarde á dirección de Alcoa de utilizar a “coartada” da tarifa eléctrica para xustificar a deslocalización dos seus centros produtivos e o recorte dos cadros de persoal.

Guillerme pronunciouse nestes termos durante o breve encontro que mantivo cos meios de comunicación antes de dar comezo á manifestación convocada en Viveiro en defensa dos postos de traballo e pola continuidade de Alcoa.

Para o portavoz nacional, resulta unha “evidencia” que sen política industrial, sen apoio á economía produtiva, “non temos ningunha posibilidade de saírmos da crise e de irmos cara un novo modelo de economía, máis social, máis sustentábel e con futuro para Galiza”.

Guillerme criticou á Xunta de Galiza por “carecer absolutamente de política industrial” e por non ter feito “nada relevante” para garantir a continuidade de Alcoa e o mantimento dos postos de traballo.

“Todo o máis que sabemos do conselleiro de Industria é que el mesmo ten industrias en Portugal. Algo verdadeiramente esperpéntico”, dixo, antes de relembrar a súa nefasta xestión “tanto no sector eólico, co concurso absolutamente paralisado, como no naval, cos problemas verdadeiramente estratéxicos -o tax lease, o veto a Astano- sen seren abordados con seriedade”.

Exit mobile version