Site icon Crónica3.com A Mariña

Organizan unha festa do percebe na praza do Centro Cívico en Xove para recadar cartos para a festa de Portocelo

FESTA DO PERCEBE EN XOVE

Unha nova cita gastronómica acaba de nacer en Xove, lugar onde o vindeiro 21 de xullo vai ter lugar a primeira FESTA DO PERCEBE. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada na Praza do Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración desta Festa.

O evento vai comezar pola mañá, ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei.

As distintas especialidades que se van ofrecer, son:

-RACIÓN DE PERCEBES + PLATO CONMEMORATIVO…..10 €UROS.

-RACIÓN DE EMPANADA DE PERCEBES…………………… 3 €UROS.

-RACIÓN DE EMPANADA DE ZAMBURIÑAS………….……. 3 €UROS.

-RACIÓN DE EMPANADA DE MEXILÓNS……………………3 €UROS.

Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 6 €uros a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.).

Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación de DISCOMOVIL DP, que van por o punto musical á mesma.

A Festa vai durar, como mínimo, ata as 8 da tarde, o que lles vai permitir aos asistentes xantar e cenar se así o desexan.

A organización desta Festa corre a carto da Asociación de Festexos A Medorra, co fin de recadar fondos para organización das Festas Patronais de Portocelo de comezos do mes de setembro. A organización conta coa colaboración do Concello de Xove e a Cofradía de Pescadores de San Ciprián.

Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.

Exit mobile version