Pequenos e adultos gozaron dun paseo de 5 quilómetros polas rúas de San Ciprián no Día da Bicicleta
-Antes de iniciar a marcha, os participantes comprobaron a súa axilidade e habilidade na bici cunha xincana que tivo lugar na Praza dos Campos
Rematada a xincana, os ciclistas iniciaron a marcha pola zona urbana da vila, dende a Praza dos Campos en dirección á ría, dirixíndose despois cara A Veiga, máis tarde cara o porto para rematar de novo no lugar de saída. En total, nenos e adultos completaron un percorrido de cinco quilómetros a ritmo normal “ao tratarse dunha actividade lúdico-deportiva sen carácter competitivo co obxectivo de pasar unha tarde entretida e ao mesmo tempo practicar exercicio” asegura a edil de Deportes, Yolanda Pedreira.