celebraremos a IV FESTA DA INMIGRACIÓN.
As persoas que residen en Foz, pero proceden doutros países
xunto co Concello de Foz organizan un ano máis esta Festa, na que haberá
pratos típicos preparados por estas persoas inmigrantes. O motivo é dar a
coñecer as súas costumes, a súa gastronomía, a súa música,…
Ademais de poder degustar comidas de diferentes países, as
persoas que se acheguen ao Paseo da Ribeira tamén poderán contemplar imaxes
dos diferentes países organizadores, así como escoitar a súa música e
apreciar os bailes típicos de cada un deles.
A Concelleira de Emigración, Mercedes González Alonso,
desexa agradecer a súa participación a todas as persoas que
desinteresadamente colaboran na organización desta Festa co obxectivo de dar
a coñecer os seus países de procedencia. E tamén quere animar a todas as
persoas de Foz, inmigrantes residentes na Mariña, así como persoas que
escollen as nosas terras para disfrutar das súas vacacións estivais a que se
acheguen a esta Festa tan especial.