Site icon Crónica3.com A Mariña

Pinturas de Balbina López Santos en RegalXunqueira, en Viveiro

A Sala de Exposicións de REGALXUNQUEIRA – Viveiro acolle a exposición “Pinturas de Balbina López Santos” que estará ata o 31 de Xullo e poderase visitar todolos dias de 10 a 14 e de 4 a 8 horas. Unhas cen persoas acompañaron a artista Balbina Lopez Santos, no acto inaugural que foi presentado por Alfonso Otero Regal e tamén póla propia autora das pinturas que deu unha breve explicación da súa obra e da sua traxectoria profesional.

Exit mobile version