Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia investirá 65.000 euros no arranxo do firme do acceso ao peirao norte de Burela

PORTOS DE GALICIA INVESTIRÁ 65.000 EUROS NO ARRANXO DO FIRME DE ACCESO AO PEIRAO NORTE DE BURELA. GONZÁLEZ BARCIA DI QUE É IMPORTANTE QUE SE VAIAN FACENDO ESTE TIPO DE TRABALLOS DE MANTEMENTO. AS OBRAS PODERÍAN INICIARSE NUNS QUINCE DÍAS.

Burela, 7 de xullo de 2012. Portos de Galicia investirá 65.000 euros no arranxo do firme do acceso ao peirao norte de Burela. O alcalde, José Mª González Barcia, asegura que é importante que Portos vaia facendo este tipo de traballos de mantemento.

O rexedor relatou que “Portos de Galicia vai realizar unha obra no porto de Burela na que investirá 65.000 euros e que consistirá na reparación do firme do acceso ao peirao norte. Váise traballar sobre unha superficie de arredor de 4.500/4.600 metros cadrados nun treito que ten unha lonxitude de 600 metros por 8 de ancho. Alí procederáse a levantar o firme actual que está en mal estado, esa superficie se estaba a deteriorar a pasos axigantados e si o vial de acceso ao peirao sur está agora mesmo en perfecto estado o que sí é certo que o acceso ao peirao norte neses 600 metros é o que peor se encontra”.

Segundo González Barcia “o compromiso de Portos é ir reparando toda a superficie pola que circulan os coches no peirao norte, é dicir o porto de sempre, e o primeiro treito que se vai abordar é ese duns 600 metros de lonxitude por 8 de ancho”. O alcalde de Burela agarda que as obras se inicien en breve, “é probable que dentro de aproximadamente quince días empecen xa eses traballos, de feito onte venres o propio presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán firmou a autorización de gasto, co cal o comezo das obras pode ser inmediato, porque se pode facer por contrato directo”.

Para José Mª González Barcia “é importante que nunha situación de crise coma a que estamos a vivir Portos de Galicia vaia facendo cousas puntuais en Burela, sobre todo naquelas onde é preciso facer traballos de mantemento, coma por exemplo neste caso ao que nos referimos hoxe”.

Exit mobile version