Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentan en Lugo a Feira do Bonito de Burela cunha comida-degustación

MAÑÁ PRESENTARÁSE EN LUGO A FEIRA DO BONITO DE BURELA

Burela, 30 de xullo de 2012. Mañá martes terá lugar a presentación en Lugo da feira do bonito que se desenvolverá en Burela o vindeiro sábado, 4 de agosto. Será nunha comida-degustación, prevista para as 14:30 horas, no restaurante Parrillada de Antonio.

No acto de presentación participarán o alcalde de Burela, José Mª González Barcia; a presidenta da Sociedade Cultural Ledicia (organizadora da feira do bonito), Rocío Rivera; o presidente e o xerente de ABSA, Abelardo Basanta e Miguel Neira, respectivamente; o presidente da Organización de Productores Pesqueiros de Lugo, Raúl Canoura; o presidente da Asociación Provincial de Hostalería, Cheché Real; as concelleiras de Mar e de Turismo de Burela, Patricia López e Mónica Pedre; e o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga.

Exit mobile version