Site icon Crónica3.com A Mariña

Preto de 3.000 mariñáns saíron a rúa en contra dos recortes e o roubo ao pobo do goberno, explica a CIG

Nota de prensa de CIG-SAÚDE A MARIÑA
GRAZAS.PRETO DE 3.000 MARIÑÁNS NA RÚA EN CONTRA DOS RECORTES E O ROUBO AO POBO DO GOBERNO DO PP.¡A LOITA CONTINUA!

As medidas anunciadas por Rajoy supoñen un atentado gravísimo contra as condicións laborais e salariais dos empregados e empregadas do sector público.Favorecen a destrución de emprego e dos servizos públicos.

Consideramos unha indecencia que, recorrendo á demagoxia, o PP pretenda que sexan as empregadas e empregados públicos quen paguen as consecuencias dunha política económica errática, concibida en beneficio exclusivo do poder financeiro para favorecer os intereses dos mercados especulativos.

BURELA19X

Salientar que se empeoran as condicións de xubilación ou que se penaliza a enfermidade o que vai en detrimento das condicións de vida, pero tamén das condicións estritamente laborais coa nova redución de días de libre disposición e a ampliación da mobilidade.

Consideramos vergoñento que se chegue a afirmar que o problema é que no sector público se destruíu menos emprego que no privado, cando o problema real é a brutal destrución de emprego que se deu nestes anos.

Estamos ante un conxunto de medidas que supoñen a destrución do estado democrático e dos seus servizos públicos e que se pretende facer cargar sobre as costas dos empregados e empregadas públicas as consecuencias do rescate da banca privada, abocando ao conxunto da poboación ao empobrecemento.¡A LOITA CONTINUA!

Exit mobile version