Site icon Crónica3.com A Mariña

Realizarán en simulacros de salvamento e socorrismo nas praias ribadenses de As Catedrais e As Illas-Castros

AS PRAIAS DE AS CATEDRAIS E AS ILLAS-CASTROS SERÁN ESCENARIO DE SIMULACROS DE SALVAMENTO E SOCORRISMO O VINDEIRO XOVES, 2 DE AGOSTO.

Ribadeo, 31 de xullo de 2012. Os usuarios e visitantes das praias de As Catedrais e As Illas-Castros que se atopen neses areais o vindeiro xoves pola mañá poderán presenciar os simulacros de salvamento e socorrismo que se van desenvolver, segundo anunciaba esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.

O edil nacionalista dixo que “o vindeiro xoves, 2 de agosto, ás 12 da mañá temos previsto celebrar, como ven sendo habitual dende hai varios anos, un simulacro do plan de seguridade e salvamento na praia de As Catedrais e na de Illas-Castros. Con este simulacro queremos coordinar todo o operativo para que no suposto dun caso real funcione todo axeitadamente e que o usuario da praia saiba que contamos con profesionais coa experiencia suficiente”.

Cupeiro sinalou que “as situacións de emerxencia a simular son as seguintes: un socorrista advirte que unha persoa se vai aproximar ás pertenzas dun bañista que está na auga e vai intentar roubarlle o bolso, tratando de escapar con el. Nese suposto o socorrista que advirte eso chamará á Policía e entón virá inmediatamente, controlaremos o tempo que vai tardar en chegar, para poder deter a esa persoa que acaba de roubar o bolso. E o outro soposto é que un bañista se encontra en dificultades na auga porque lle deu un infarto ou porque o leva a corrente e ao sacalo da auga o socorrista lle prestará os primeiros auxilios e posteriormente, vendo que non e capaz de reanimalo, chamaremos a unha ambulancia medicalizada do 061 para poder levalo ao hospital correspondente”.

Exit mobile version