Site icon Crónica3.com A Mariña

Un gran concerto de música galega ateigou de público a praza Rosalía de Castro en Foz

Onte venres ás 22 h., tivo lugar no pavillón do Campo da Cabana, un gran concerto de música galega que ateigou de público a Praza Rosalía de Castro.

Foto: Xesús do Breogán

Neste concerto titulado “Coa nosa fala”, participaron músicos profesionais de todo tipo e estilo, moitos deles, vellas glorias de distintas e famosas orquestras de Galicia.

Presentado polo televisivo Paco Lodeiro da TVG, que tamén sorprendeu ó numeroso público interpretando un tema de Os Tamara titulado “O Sapo” facéndolle unha fermosa lembranza ó emblemático Pucho Boedo, voz e alma do histórico grupo.

Foto: Xesús do Breogán

Outros dos artistas e músicos que engalanaron coa súa música a noite focega foron: Escolma de Meus, Canare Son, Grimconvi, Arcadio, Sito Sedes, Ugía Pedreira e Miro Casabella..

Ó remate do acto, tódolos grupos foron agasallados cunha preciosa figura do artista e artesán Otero Regal, que lles entregaron o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira e a concelleira de cultura, Mercedes González Alonso.

Exit mobile version