Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha concelleira de Cervo cree que hai unha guerra de cifras sobre o número de vixiantes

O goberno recoméndalle aos socialistas que non perdan o tempo en guerras de cifras e fagan algo útil por Cervo

Cervo, 2 de xullo de 2012-A edil de Emprego, Yolanda Pedreira, aconséllalle ao grupo municipal socialista que “destine o seu tempo a traballar en beneficio da veciñanza de Cervo” na contra de “distraerse criticando servizos que se poñen en marcha e se manteñen con moito esforzo”. Deste xeito, o goberno local responde ás críticas vertidas polo PSOE cervense ao redor do servizo de socorrismo. “Os socialistas saen á prensa manipulando o número de vixilantes que había o ano pasado para desprestixiar ao goberno” engade Pedreira, “pero nós non imos desperdiciar o noso tempo entrando na súa guerra de cifras”.

Para a concelleira, “non é moi lícito poñerse a criticar un servizo tan necesario como é o de vixilancia das praias cando todos os medios humanos dos que dispoñemos temos que agradecerllos única e exclusivamente á Xunta de Galicia”, a pesar de que “a Deputación tamén ten competencias en socorrismo”, polo que a líder dos socialistas de Cervo e membro do Goberno provincial, Lara Mendez, “podería deixarse de xogos de cifras e poñer máis empeño en conseguir melloras que repercutan na veciñanza”.

“Polo momento os únicos cartos que Lara Méndez conseguiu levar para Cervo son os do seu propio salario, que percibe como vicepresidenta segunda da Deputación” destaca a responsable de Emprego. Aínda así, “nós tampouco imos botar contas sobre o seu soldo” e, mentres “Lara Méndez se pon a facer números, os 49 quilómetros de estradas que dependen do executivo provincial seguen sen limparse e os condutores continúan en perigo”.

Exit mobile version