Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ fai públicas queixas veciñais sobre o goberno local

UNIFOZ, xuntouse estes días cos veciños de Forxán e recolle as queixas manifestadas polos mesmos no que se refire a falta de atención que o E.Goberno do PP de Foz ten en este barrio as reclamacións feitas pola AA.VV a primeiros de ano e que ao día de hoxe aínda non foran atendidas, como son a reparación de fochas /buracos na rúa Venezuela así como sinalización e limpeza das áreas recreativas.

UNIFOZ, ten que manifestar unha vez máis o incumprimento de este Alcalde en temas de emprego, incumprindo un dos dereitos fundamentais como é a publicidade das convocatorias de emprego, como o demostra a última convocatoria que na exposición de bases na páxina web,non facía referencia ao prazo para presentación de instancias , e o prazo para presentar instancias foi tan so de tres días.

Tamén temos que denunciar dende UNIFOZ, a improvisación e falta de respecto institucional por parte do E.G, do PP de Foz, por non invitar aos membros da corporación ao acto de izado de bandeiras azuis, e mesmo aos presidentes das AA.VV, foron chamados por teléfono o día anterior a noite.

Do mesmo xeito temos que recoller e denunciar o abandono e falta de limpeza da praia da Rapadoira concretamente na zona das rochas do lado do prado de Ramos, como é o entorno e a fonte que hai no lugar, así como o paseo de LLas a Peizas, que despois de segar non se recolleu a herba.

Exit mobile version