Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro viviu unha masiva manifestación de apoio a Alcoa e pola industrialización, nunha marcha de de 2,5 quilómetros

Pasadas as oito da tarde as persoas que se concentraron nas inmediacións do centro de saude de Viveiro iniciaron a marcha co fin de reivindicar a industrialización da comarca da Mariña e o apoio Alcoa. Os manifestantes dirixíronse cara a porta de Carlos V onde xiraron a dereita e atravesaron a ponte. Percorreron o traxecto ata o Ecce Homo ata entrar na estrada de circunvalación e ir por ela ata o casco da cidade, e dixírese a Praza Maior, onde rematou a marcha de máis de 2,5 quilómetros.
A resposta do comercio da cidade do Landro foi de total apoio e permaneceu pechado en solidariedade coa manifestación, mesmo nalgúns escaparates podían lerse consignas de apoio aos traballadores de Alcoa maioritarios na manifestación.
Na marcha participaron representantes de sindicatos e agrupacións políticas varias. Entre as autoridades presentes atopábase o presidente da Deputación, os alcaldes de Viveiro, Burela, Cervo e Lourenzá.

Fotos: José Manuel Alvarez / Facebook

Exit mobile version