Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta aprobou a colaboración co concello de Trabada co fin de construir un punto limpo

A XUNTA DE GALICIA INVESTIRÁ PRETO DE 280.000 EUROS NA CONSTRUCIÓN DUN PUNTO LIMPO NO CONCELLO LUCENSE DE TRABADA
Permitirá o depósito e clasificación daqueles residuos urbanos que requiran dunha
xestión específica polo seu tamaño, natureza ou perigosidade
Tamén se evitará a vertedura incontrolada de estullos e residuos voluminosos como
mobles ou electrodomésticos
Por outra banda, facilitarase a recuperación dos recursos contidos nos residuos para
a súa reciclaxe
Na Comunidade Autónoma galega lévanse investidos dende principios de lexislatura
máis de 4,5 millóns de euros neste tipo de infraestruturas de xestión de residuos
Galicia conta cunha rede de 124 puntos limpos en servizo, que se elevarán a 136 cos
que se están a tramitar na actualidade
O Consello da Xunta de Galicia aprobou na súa reunión desta mañá a colaboración
técnico-financeira co concello de lucense de Trabada, co fin de levar a cabo a
construción dun punto limpo neste municipio, que permitirá o depósito e clasificación
daqueles residuos urbanos que requiran dunha xestión específica polo seu tamaño,
natureza ou perigosidade.
Os obxectivos principais da construción desta infraestrutura consisten en separar os
residuos xerados nos fogares que representen un risco para o ambiente ou a saúde,
como os medicamentos, pilas e pinturas, entre outros.
Así mesmo, tamén se evitará a vertedura incontrolada de estullos e residuos
voluminosos como mobles ou electrodomésticos. Por outra banda, facilitarase a
recuperación dos recursos contidos nos residuos para a súa reciclaxe.
Esta obra terá un prazo de execución de cinco meses. A Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas ten prevista a licitación desta obra para o vindeiro mes de
agosto.
Colaboración con entidades locais
Este expediente foi tramitado ao abeiro do Decreto 4/2005, do 13 de xaneiro, que prevé
a colaboración técnica e financeira da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas coas entidades locais.
Mediante a dita normativa establécese a posibilidade de financiamento e execución por
parte da Xunta de Galicia de obras en materia de xestión de residuos, incluídas a
recuperación de espazos degradados por verteduras e os proxectos técnicos –
construtivos das obras anteriores nos termos municipais da Comunidade Autónoma.
A porcentaxe de financiamento por parte da Xunta poderá acadar ata o 100% do total
do custo da obra.
Na Comunidade Autónoma galega lévanse investidos dende principios de lexislatura
máis de 4,5 millóns de euros nestas actuacións de xestión de residuos.
O investimento en Trabada estende e reforza a rede de puntos limpos municipais
financiados pola Xunta de Galicia que, con este, pasa a constar de 136, dos que 124 xa
están construídos

Exit mobile version