Site icon Crónica3.com A Mariña

A ADEAC concedeu dous diplomas bandeira azul ao barco museo “Reina del Carmen” de Burela

Esta tarde tivo lugar a entrega dos dous diplomas bandeira azul que ADEAC lles concedeu ao barco museo Reina del Carmen e ao Aula Medio Ambiental Gaia. No seu discurso o alcalde, José Mª Gonzalez Barcia, fixo fincapé “na preocupación permanente que ten o Concello polo medio ambiente” e sinalou que estes galardóns “son un recoñecemento expreso ao traballo realizado polas anteriores Corporacións Municipais e tamén polos traballadores tanto do barco museo como do Aula Medio Ambiental Gaia”. Para González Barcia “Gaia é un auténtico referente en materia de educación e actuacións medioambientais e o barco museo Reina del Carmen foi un empeño do primeiro equipo de goberno do PP e é un dos grandes atractivos turísticos do concello de Burela”. O rexedor subliñou que “é obxectivo do equipo de goberno inculcar a preocupacion polo medio ambiente e polo cuidado do noso entorno, unha preocupación para transmitirlles ás xeracións vindeiras unha boa calidade de vida”.

Exit mobile version