Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de Profesores de Automoción celebra asamblea en Ribadeo coincidindo co Fórum de Vehículos

A EXPOSICIÓN DE VEHÍCULOS DO FÓRUM DE INNOVACIÓN E FORMACIÓN QUE SE DESENVOLVE EN RIBADEO PODERÁSE VISITAR ATA O VINDEIRO DOMINGO, 2 DE SETEMBRO, EN HORARIO DE MAÑÁ E DE TARDE.

Ribadeo, 30 de agosto de 2012. Segue en Ribadeo o I Fórum de Innovación e Formación de Vehículos, que organizou a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. Esta mañá continuaron as ponencias coa participación de marcas como Autastec, Saint-Gobain e Mercedes-Benz España. Ésta última presentou o novo E300 Bluetec Hybrid, o novo clase A e os motores M276 e M278. Pola tarde os participantes acudirán aos talleres de reparación de lunas, soldadura, diagnose, climatización, reprogramación de centralitas e diagnóstico en vehículos híbridos, ademáis de coñecer máis de cerca o vello oficio dun ferreiro.
Para as 20 horas desta tarde está prevista a asamblea xeral da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia e despois haberá unha cea á que acudirán todos os participantes no Fórum.
Asistentes e público en xeral poden disfrutar ata o vindeiro domingo, 2 de setembro, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas da exposición de todos os vehículos da gama Peugeot que achegou a Ribadeo a empresa Martínez de Lugo SL, o concesionario oficial Peugeot para a provincia e a súa de rede de axentes da zona norte. A exposición atópase instalada nos xardíns do hotel O Cabazo en Ribadeo, lugar no que se está a celebrar este evento. A entrada é libre e gratuita.

Exit mobile version