Ano tras ano miles de persoas abarrotan San Ciprián nesta cita declarada de interese turístico galego
A COMISIÓN DE FESTAS AGRADECE A COLABORACIÓN DE TODOS OS QUE FIXERON POSIBLE A MARUXAINA MÁIS MULTITUDINARIA
• Durante toda a xornada, e especialmente a noite do sábado ao domingo, batéronse todos os récord de asistencia.
• Autoridade Portuaria, Concello de Cervo, administración autonómica e provincial, veciños, empresas e hostelería achegaron o seu apoio para a organización das festas.
San Ciprián 13 de agosto de 2012.- A comisión de festas agradece a colaboración de todos aqueles que fixeron posible a Maruxaina máis multitudinaria da súa historia. Durante toda a xornada miles de persoas abarrotaron San Ciprián para participar nos distintos actos e divertimentos organizados co gallo desta cita declarada de interese turístico galego. Especialmente na noite do sábado ao domingo batéronse todos os récords de asistencia, mostra do cal son as imaxes das ruas, prazas e praias da península da paz ateigadas de maruxainos e maruxainas, ataviados coas vestimentas propias de pescadores e peixeiras típicas de principios do século pasado.
Desde a comisión organizadora nun dubidaron en calificar de éxito rotundo a última edición e quixeron deixar constancia dun sincero agradecemento a entidades como a Autoridade Portuaria, o Concello de Cervo, as administracións autonómica e provincial, veciños, empresas e hostelería que achegaron o seu apoio para a organización das festas. Ao mesmo tempo fixeron constancia do comportamento exemplar dos asistentes. A comisión salientou o enorme traballo que están a desenvolver e desenvolveron os integrantes de Protección Civil, Policía Local e as brigadas de limpeza de rúas e praias municipais.
O presidente da Comisión de Festas, José Manuel Balseiro Orol, tivo tamén palabras de agradecemento ao comité organizador que tiveron diante de si un enorme traballo, habitual neste tipo de eventos tan multitudinarios, e significou a súa entrega desinteresada a prol da Maruxaina e das Festas do Carme. Finalmente, pregou desculpas polos inconvenientes e dificultades que puideron ter acontecidos e que serven para mellorar no futuro á que sen dúbida e unha das citas mais multitudinarias e tradicionales das Mariña: todo un pobo implicado ña Maruxaina 2012.