“A Comunidade de Montes de San Roque renova a balconada do Mirador”
A Comunidade de Montes de San Roque de Viveiro, procedeu a renovación da balconada do Mirador da Ermida de San Roque.
A balconada situada nun dos puntos de maior afluencia de veciños e sobre todo visitantes, atopábase moi deteriorada polo paso do tempo, xa en diversas ocasións se foran sustituíndo os barrotes de madeira que a compoñen, pero nesta ocasión debido ao avanzado estado de deterioro da maior parte da balconada adoptouse a solución de sustitución da totalidade dos barrotes.
A nova balconada realizouse con barrotes de madeira tratada e torneada realizándose o seu tratamento en autoclave mediante sistema vacio-presión e con sales hidrosolubles, o que garante a súa duración no tempo.
A obra foi realizada en colaboración coa Delegación de Obras do Concello de Viveiro, quen aportou a man de obra para a súa execución.