Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegada provincial da Xunta felicita a Gómez Noya pola súa prata nos xogos olímpicos de Londres

RAQUEL ARIAS SUBLIÑA QUE A MEDALLA DE PRATA ACADADA POR JAVIER GÓMEZ NOYA NA PROBA DE TRIATLÓN DOS XOGOS OLÍMPICOS “ENGRANDECE UNHA TRAXECTORIA DEPORTIVA E VITAL XA DE POR SI EXTRAORDINARIA”

Lugo, 7 de agosto de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, felicitou hoxe a Javier Gómez Noya polo “éxito rotundo” de acadar a medalla de prata na proba de triatlón dos Xogos Olímpicos de Londres.

Segundo destacou a representante a máxima representante do Executivo galego na provincia de Lugo, a medalla de prata conseguida polo deportista do Cidade de Lugo-Fluvial “engrandece máis unha traxectoria deportiva e vital que xa resultaba de por si extraordinaria”.

Arias indicou que esta medalla de prata serve tamén para premiar unha vontade e un esforzo “que resultan conmovedores e un exemplo tanto para a xuventude como para toda a sociedade lucense e galega”.

A delegada territorial significou que a consecución deste fito rubrica tamén “o brillante traballo coordinado” que desenvolveu no presente ano e ao longo das últimas tempadas Gómez Noya xunto cos adestradores, profesionais e tamén o club lucense ao que pertence na actualidade.

Exit mobile version