Site icon Crónica3.com A Mariña

A Liga Céltiga Galaica artella un novo roteiro arqueolóxico para o XII Encontro nos Penidos no Valadouro

Actividade do pasado ano

XII ENCONTRO NOS PENIDOS
Parróquia de San Tomé (O Valadouro)
Sábado, 25 de agosto do 2012

Dende a LIGA CÉLTIGA GALAICA  estamos a artellar un novo roteiro arqueolóxico pra este vrao, amais do cotián desta volta haberá un pequeno recital poético despois do xantar, e seguiremos co costume encetado na edizón do ano pasado… Unha queimada pra rematar a xornada..

10:00 h.: Saída da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro
Círculos líticos das Pedragosas
Arcas e petróglifos de Sinás
O Penido Vello
A Pena que Fala, pedrafita deitada
Anta do Padorno
14:00 Xantar no espazo de lecer do curro
16:00 Recital poético acarón da anta do Padorno
Un anaco de acougo
20:00 Uns chanqueiros polas baiucas do val e boa conversa
22:00 Cea de confraternidade no Bar San Pedro
00:00 Grande queimada… E troula!

A xente da Liga xa andará venres 24 polo Valadouro, aproveitaremos ese dia pra ollar recantos fermosos da bisbarra (O Castrodouro, pazos de Carrocide, Rizal, Basanta, Gradaílle… A Frouseira, Cruzeiro de Vao, capelas de Lagoa e O Cadramón…)
Quen desexe botar a fin de semana toda no val pode reservar cuarto na hospedaria do Bar San Pedro (982558411), local que coadxuva nas labouras da Liga.

Exit mobile version