Site icon Crónica3.com A Mariña

A Liga Céltiga Galaica sacou á rúa o número 80 da publicación “O Prado das Chantas”

Xa se está a espallar polos estabelecementos de Alfoz e Ferreira o nº 80 da publicación O PRADO DAS CHANTAS editada pola asociación ecocultural de ámbito galego Liga Céltiga Galaica, dende marzo do 2005. Desta volta trátase dun número adicado ao XII Encontro nos Penidos, roteiro arqueolóxico que terá lugar sábado 25 de agosto.
Neste número explícase polo miúdo a riqueza arqueolóxica dos lugares que se visitarán no devandito roteiro: Os petróglifgos das Arcas de Sinás, os círculos líticos das Pedragosas, A Pena que Fala ou o denominado Stonehenge do Xistral, un abraiante complexo pétreo que moi pouca xente coñece. Tamén se fará unha visita ao Penido Vello, un dos cumios emblemáticos do Valadouro.
Esta actividade está organizada pola Liga Céltiga Galaica e nela colabora o Bar San Pedro, de Alfoz.

Asdo.:

Exit mobile version