OS NENOS DA OCIOTECA DE BURELA DISFRUTARON DUNHA ACTIVIDADE AO AIRE LIBRE NA PRAIA DE O PORTELO.
As monitoras explicáronlles que “a maior responsabilidade na contaminación dos océanos é do ser humán. Miles de millóns de toneladas de vertidos e residuos son tirados no mar continuamente co que se perxudica para moitos anos a vida marina, desde as prantas ata os fondos e millóns de peixes que morren ou non son aptos para o consumo”.
Os participantes nesta actividade,15 nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos, coa axuda das monitoras analizaron os desperdicios que contaminan as nosas praias arroxados polos cidadáns comparando fotografías dunha praia limpa e doutra contaminada chea de lixo (botellas de plástico, latas, bolsas de plástico, corchos, restos de plástico de artes de pesca, cordas, cintas de embalaxe, restos de naufraxios,etc). Segundo explican desde a Concellería de Medio Ambiente “os nenos dividiron un folio en dúas partes e debuxaron nunha metade unha praia contaminada e na outra a mesma sen alteracións”. As monitoras entregáronlles aos participantes un conto titulado Como producir menos lixo, editado por Sogama.