A Orquesta Melodías ofrecerá un concerto de verán o sábado en Mondoñedo
A Orquesta Melodías está composta por un grupo de rapaces con paixón pola música e con verdadeiro talento. A súa presentación pública foi un concerto de Aninovo que ofreceron no mesmo Auditorio de Mondoñedo o pasado 7 de xaneiro e co que colleitaron un gran éxito. Naquela ocasión decidiron contar unha historia da emigración a través de temas galegos, habaneras e outros ritmos que combinaban con proxeccións audiovisuais.
Nesta ocasión, o concerto – espectáculo do sábado contará tamén con estrevistas a pé de rúa sobre os propios músicos que despois interpretarán temas que van dende ‘A praia da Lanzada’ ata ‘Begin the beguine’. Unha oportunidade para disfrutar dos xoves intérpretes da Orquesta Malodías e cancións coñecidas por todos.