Site icon Crónica3.com A Mariña

Espectacular presentación da orquestra Melodías, formada por 12 músicos de Mondoñedo, Vilanova e Ribadeo

Esta composta por 12 músicos moi novos de Mondoñedo, Vilanova e Ribadeo

ESPECTACULAR PRESENTACIÓN DA ORQUESTRA MELODIAS EN MONDOÑEDO

– O director desta nova formación é o mindoniense Enrique Veiga, de tan só 18 anos, e toca instrumentos como o clarinete, o saxo, a guitarra ou mesmo a gaita

-Ademais dous cantantes locais, Cristian Losada e Fabian Pardo, subíronse por primeira vez ao escenario para interpretar diferentes temas con este novo grupo artístico

-O concerto de verán realizouse no Auditorio de Mondoñedo, o pasado sábado día 18 de agosto, ás 20:30 horas da tarde, cun éxito de público impresionante

Mondoñedo, 20 de agosto de 2012. “Espectacular, impresionante, marabilloso, musica en estado puro…”, estes foron algúns dos adxectivos utilizados polos asistentes á presentación da Orquestra Melodías de Mondoñedo o pasado sábado no Auditorio.

Desde a posta en escena dos músicos, vestidos con camisa branca e pajarita vermella e movéndose aos ritmos que soaban, ou mesmo o atril que estaba adornado para a ocasión, e xunto as pezas que tocaban facían envolver aos asistentes naquel ambiente das orquestras americanas que tanto éxito tiveron anos atrás en todo o mundo.

No Auditorio, que estivo ateigado de xente, soaron pezas como Islas Canarias, Playa de la Lanzada, Que será ou En forma de Glen Niller .

A orquestra Melodías esta composta por 12 músicos moi novos da Mariña lucense , son de Mondoñedo, Vilanova e Ribadeo, e todos pertencen a Escola de Musica de Mondoñedo. O compoñente mais novo ten 15 anos chamase Mario, toca o saxo e é de Ribadeo. Pero o verdadeiro mentor e líder desta formación é un mindoniense de tan só 18 anos, Enrique Veiga, un mozo que leva a musica nas venas. É capaz de tocar a tódolos instrumentos que caen nas súas mans, dende o clarinete, o saxo, a guitarra ou mesmo a gaita.

Tamén foi un concerto para presentar por primeira vez ante o publico a dous cantantes locais, Cristian Losada e Fabian Pardo, que se subiron por primeira vez ao escenario pero que son asiduos do coro da Escola de Musica de Mondoñedo. Cristian puxo a súa voz para cantar dous temas en inglés cun notable éxito, e Fabian Pardo interpretou Playa de la Lanzada, coa que o publico se puxo en pe para aplaudirlle.

En resumen unha tarde na que os mindoniense puideron desfrutar da musica con maiúsculas, con ritmo, con ganas e con ilusión. Unha tarde de verán na que unha Orquestra Melodías de Mondoñedo puxo a banda sonora a un día de verán inesquecible.

Exit mobile version