Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta dá por rematadas as tarefas de conservación de 2,5 quilómetros do río Ouro

A Xunta REMATA AS TAREFAS DE CONSERVACIÓN FLUVIAL EN 2,5 quilómetros do río Ouro, ao seu paso polo concello de foz

? A intervención consistiu na retirada de atascos e de restos vexetais acumulados nos lugares de Fontao, O Muíño, Santa Cilla do Valdouro e Fazouro

? Estas accións están enmarcadas dentro do programa de mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa de Augas de Galicia

Santiago, 18 de agosto de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de rematar unha actuación de mantemento, conservación e mellora no río Ouro, no Concello de Foz, á altura das parroquias de Fontao, O Muíño, Santa Cilla do Valadouro e Fazouro. Estas tarefas de conservación fluvial melloraron un treito deste río da zona Norte da bacía de Galicia- Costa. As actuacións leváronse a cabo en 2,5 quilómetros deste treito do río.

A intervención consistiu na retirada de atascos e restos vexetais acumulados no leito do río, así como a eliminación de residuos orgánicos.

Contrato de limpeza de ríos 2012-2013

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, investirá máis de 2,3 millóns de euros nas limpezas das bacías da zona norte, centro e sur da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa para o período 2012-2013. Na zona norte destinaranse 858.785 euros, na zona centro serán 845.933 e na sur 609.704 euros. Os contratos terán unha vixencia de 24 meses.

O investimento previsto supón unha demostración do esforzo que está a realizar a Consellería de Medio Ambiente na conservación e recuperación do entorno fluvial do territorio galego, para así repercutir nun mellor aproveitamento dos lugares de lecer próximos aos ríos por parte dos veciños.

Exit mobile version