Site icon Crónica3.com A Mariña

Abre unha mostra con obxectos da festa da Maruxaina en San Cibrao

Na exposición pódense ver os carteis da festa dende o ano 86 ata hoxe, os traxes típicos, as cuncas da queimada ou as figuras da Maruxiana utilizadas nas representacións. A presidenta da asociación, Chus Méndez, quixo agradecer a colaboración de todas as persoas particulares que cederon algunhas das pezas expostas para a ocasión co obxectivo de facer a mostra máis completa. A exposición pódese visitar de luns a sábado en horario de 17:00 a 20:00 horas ata o 31 de agosto.

Exit mobile version