Site icon Crónica3.com A Mariña

Ao PP non lle gusta o resultado dos labores de desbroce das vías provinciais

A Deputación incumpre as promesas manifestadas aos lucenses e non só realiza tarde a limpeza das beiras das estradas provinciais, senón que tamén o fai mal

O Grupo Popular na Deputación denuncia o mal resultado dos labores de desbroce das vías provinciais logo de que o ente acometa estas tarefas cun importante atraso

. Diferentes alcaldes e portavoces da provincia volven a trasladarlle ao Grupo Popular o pésimo estado no que quedan as vías tras ser desbrozas, polo que o PP de novo rexistrará un escrito no que solicite á Deputación unha mellor xestión nesta área

. Os populares tamén recibiron informacións sobre que en ocasións a Deputación non cumpre co plan de seguridade á hora de realizar as tarefas de desbroce da maleza nas estradas da súa titularidade

Lugo 25-08-2012.- A portavoz do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, denuncia de novo a pésima xestión do goberno liderado por José Ramón Gómez Besteiro na materialización dos labores de desbroce nas vías de titularidade provincial. Tras demandar en varías ocasións á Deputación que axilice a limpeza das estradas, priorizando aquelas zonas proclives a incendios; os populares critican agora que o organismo non só cumpra tarde coas súas responsabilidades, senón que aseguran que o resultado das tarefas de desbroce das vías provinciais é pésimo.

O Grupo Provincial do Partido Popular trasladará unha vez máis ao ente lucense as críticas manifestadas por alcaldes da provincia ante a situación de que unha vez iniciados os traballos, os desbroces realízanse mal. A Deputación reduciu o orzamento destinado a este acometido, segundo o ente, para procurar un maior aforro económico. A portavoz provincial pon en dúbida esta afirmación xa que houbo concellos, que tralo desconcerto en relación á firma dos contratos de desbroces, ofrecéronlle ao ente provincial facerlle fronte á limpeza das vías, incluso na contía establecida pola Deputación. Segundo a portavoz popular, o organismo lucense desoíu a proposta trasladada por algún Concello, que se dirixiu á Deputación poñendo a súa disposición os medios de titularidade municipal, preocupados polo mantemento das beiras das vías durante a época estival.

Elena Candia explica que este mal resultado nas tarefas de desbroce pode ser debido a que probablemente non se seleccionen os adxudicatarios por experiencia e profesionalidade na área. A portavoz provincial asegura que algunha das empresas encargadas de realizar estas tarefas non eran profesionais no sector. Tanto é así que, en ocasións, coinciden os adxudicatarios dos desbroces coas empresas encargadas da realización de obras enmarcadas no Plan de Cooperación con Entidades Veciñais.

O Partido Popular vólvelle a pedir ao ente que non priorice estes acometidos en función de intereses políticos. Polo que lle solicita que desbroce as vías provinciais segundo criterios de necesidade cumprindo de forma positiva co acometido. Dende o Grupo Popular pídenlle ao organismo provincial unha aptitude coherente en relación aos contratos de desbroces e que evite a politización á hora de materializalos.

Ademais de realizarse os traballos tarde e mal, os populares tamén recibiron informacións sobre que en ocasións a Deputación provincial de Lugo non cumpre co plan de seguridade durante a realización deste acometidos.

A portavoz provincial pide maior garantía na materialización dos labores de desbroces tal e como prometeran dende o ente no seu momento e refire así ás promesas manifestadas polo responsable de Vías e Obras, Manuel Martínez, en prensa no ano 2008, ao asegurar que o desbroce é un dos aspectos que “queremos mellorar”, e engadir que “se os fallos se volven a repetir, entón si que terei que tomar outras medidas e incluso dimitir. A política é así”;

Exit mobile version