A praia de O Portelo foi o escenario principal este venres, 10 de agosto, dun xogo de pistas titulado Praia á vista…. bañista. Segundo explican desde a Concellería de Medio Ambiente “praia á vista…é un xogo recreativo que se efectúa ao aire libre nun entorno tan privilexiado como é a praia , neste caso a do Portelo creando un clima alegre, veraniego e entusiasta e onde interveñen nenos/as de todalas idades. A súa principal función foi proporcionar diversión e entretenemento e xerar satisfacción aos xogadores, de tal forma que axude ao estímulo e desenrolo das súas habilidades mentais e físicas”.
Os 30 nenos da ocioteca de Burela que participaron na actividade divididos en grupos e disfrazados como auténticos bañistas (con flotadores, gafas de sol, gafas de bucear, chanclas, gorros, etc) tiveron que buscar obxetos que estaban camuflados por toda a praia entre a area e as sombrillas, e que non formaban parte da súa paisaxe orixinal e que podian estar ou non relacionadas co mar e co seu entorno, como son: nasas, redes, esquieiros, botellas de plástico, botellas de vidrio, boias, etc). Os nenos tiñan que entregar cada obxeto encontrado ás monitoras e a cambio percibirían unha peza para descifrar a mensaxe secreta que revelaba o lugar onde estaba o último obxeto co que serían agraciados ….. neste caso helados. Os nenos da ocioteca pasaron unha mañá de venres moi divertida.