Site icon Crónica3.com A Mariña

As festas do Oito do Valadouro chegarán despois dunha semana chea de actividades en Ferreira

A unha semana do comezo das Festas do Oito en O Valadouro as diversas asociacións culturais e o concello programar diversas actividades culturales para complementar o ambiente festeiro na vila de Ferreira. Deste xeito e a modo cronolóxico, o vindeiro xoves, ás 22:00 horas na praza de Santa María a asociación cultural Amado Lar de O Valadouro organiza a IV edición da exhición de batuka e nas estarán varios grupos da Mariña luguesa.

A seguinte xornada, o concello coordina a actuación de grupo de xoves de alfoz e o valadouro cunha obra de teatro de autor lucense Pepe Peinó: “Diñeiro Negro”. este grupo actua como teloneiro ó que vaia ser a XXVII edición da semana do teatro do Valadouro e que vaia a comezar o luns 3 de setembro.

Seguindo, cronolóxicamente, o sábado 1 de setembro vai a ter lugar polas ruas de Ferreira e XXV mostra folklorica e que coordina a asociación cultural Amado lar de O valadouro. Nesta mostra os grupod e baile da Asociación cultural O Feitizo de Foz, da agrupación folklórica “Osorio Gutierrez” de Lourenzá, da Agrupación cultural A Marola de Mera (Oleiros) e os anfitrións da Asociacoón Cultural Amado Lar de O Valadouro, van a ofrecer un pasarrúas polas diversas rúas da vila de Ferreira ata a praza de Santa María onde van a facernos unha exhibiciójn do seu traballo ano tras ano… a hora prevista de inicio da Mostra na praza é as 22:00 horas.

A seguinte xornada, a Escola de Baile Goldance de O Valadouro organiza a IV exhibición de baile de salón, pero esta vez no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro pero tamén ás 22:00 horas. Nesta exhibición tamén vamos contar con numerosas parellas de toda a mariña luguesa e de varios rangos de idade.

O luns, 3 de setembro vai a ter lugar o inicio da XXVII semana do teatro que organiza o concello de O Valadouro. Comezamos estas xornadas cun grupo teatral que deixa o teatro afecionado que se fai na costa de lugo sempre en postos altos sempre que se presentan a concursos teatrais, estamos falar do grupo de teatro O Bordelo de Cervo que trae o seu último traballo da man do seu director Paco Piñeiro: “Fume de carozo”.

A seguinte xornada tócalle o turno a outro dos grupos de teatro afecionado da mariña que detrás leva a firma de Francisco Piñeiro escribindo as obras do grupo de teatro A Adala e que nesta ocasión presentan o seu último traballo “Atoados”.
Cambiamos de estilo e de xornada, o mércores, día 5, tócalle o turno a un dos grupos que sorrisos e apalusos levantaron nas taboas de Ferreira nos últimos anos. Estamos a falar do grupo de teatro Axouxeres de Vilaronte que nos traen o seu último traballo con dous sketchs: Véndese unha mula e a pousada.

O prato forte da semana do teatro do Valadouro para a última xornada cun grupo local e que ademáis nesta ocasión estrean o seu útlimo traballo. Falamos do grupo de Teatro Raiolas de Alfoz que estrenarán nas taboas de Ferreira o seu traballo “O chufón” de Xesús López Rodríguez.

Todas as actuacións da semana do teatro van a ser, como é costume nos últimos anos, no salón de actos da casa da cultura de Ferreira de O Valadouro e van a ser ás 22:00 horas con entrada de balde e para todos os públicos polo que convidamos, non só ós veciños de Ferreira, senón da Mariña en xeral, a acudir a todas estas citas socio-culturais no que ben seguro que o van a pasar e pouco diñeiro.

Exit mobile version