Site icon Crónica3.com A Mariña

Asociacións de San Cibrao moi activas no verán

O pasado xoves, 16 de agosto, a asociación Pasiño a Pasiño organizou un ano mais o roteiro a Río Covo para desfrutar das piscinas municipais e da meranda de Antonia. O domingo pola mañá, na Praza dos Campos de San Ciprián, houbo un taller de cartón a cargo do grupo de teatro OS GAZAFELLOS. Estaba organizado polo CIT de San Ciprián e colaboraban para a ocasión o Concello de Cervo e a Asociación Pasiño a Pasiño.

Exit mobile version