Site icon Crónica3.com A Mariña

Bares, mesóns e restaurantes de Foz ofrecerán “tapas de libro” coincidindo coa celebración da feira do libro

A HOSTALERÍA DE FOZ OFRECERÁ TAPAS DE LIBRO OS DÍAS 19, 20 E 21 DE AGOSTO.

Foz, 14 de agosto de 2012. Os bares, mesóns e restaurantes de ACIA Foz ofrecerán aos seus clientes tapas de libro os vindeiros días 19, 20 e 21 de agosto. Segundo explica o seu presidente, José Carlos Paleo, “queremos deste xeito animar e colaborar coa feira do libro que se celebrará eses días na nosa vila”.
Os locais hosteleiros ofrecerán tapas especiais ao prezo dun euro durante esas tres xornadas. Paleo sinala que “nestes días teremos a festa do marisco, o vindeiro 18 de agosto, despois chegan as tapas de libro, e rematamos o mes coa festa normanda e os menús normandos que se ofrecerán en bares, mesóns e restaurantes”.
Para os máis pequenos
Coincidindo coa celebración da feira do libro en Foz os locais de hostalería estrearán o sábado manteis nos seus locais, que inclúen xogos para entreter aos máis pequenos. Os nenos e nenas poderán emparellar lugares con fotos, aprender cómo se din e como se escriben garfo, culler e coitelo en varios idiomas e adiviñar o nome dun marisco. Ésta é unha iniciativa da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Os manteis vánse presentar na feira do libro de Foz o vindeiro sábado, 18 de xullo, a partires das 20:30 horas.

Exit mobile version