Caxigueiro mostrará unha selección da súa obra na sala de exposicións do seu estudio en San Martiño
redac
EXPOSICIÓN DE CAXIGUEIRO
Entre os días 17 e 22 de agosto, Caxigueiro mostrará unha pequena selección da súa obra na sala de exposicións do seu estudio en San Martiño de Mondoñedo (Foz) coincidindo coa feira do libro da localidade. A ocasión non pode ser máis oportuna, xa que algunhas das pezas que se poden ver corresponden á serie ”Os ollos das palabras”. Este traballo, exposto recentemente na Cidade da Cultura, tiña como fonte de inspiración o libro e a linguaxe, ademais de indagar nas posibles interferencias entre a plástica e a literatura.
Con estas xornadas o escultor tamén pretende celebrar o 10 aniversario da súa estancia á sombra da Basílica. Unha boa ocasión para viaxar dende o románico á arte contemporánea, antes de achegarse á feira do libro a súas numerosas actividades.