Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausurouse en Ribadeo o curso de teatro “Ponte en escena”

CLAUSURA DO CURSO DE TEATRO “PONTE EN ESCENA”

No acto de clausura, que se celebrará mañá no Cine Teatro de Ribadeo, os alumnos e alumnas que participaron na actividade amosarán o aprendido coa representación de diversos actos teatrais

Ribadeo, 29 de agosto de 2012. O Cine Teatro de Ribadeo será testemuña das habilidades interpretativas adquiridas polos preto de vinte alumnos e alumnas que participaron no curso de teatro para afeccionados “Ponte en escena”, impartido pola actriz Comba Campoy, durante este mes de agosto.

O acto de clausura deste curso, enmarcado nas accións formativas de Buxiganga 2012, organizadas pola área de Cultura da Deputación de Lugo, celebrarase mañá, xoves 30 de agosto, ás 21:00 horas, e nel participarán actores e actrices de diversos colectivos teatrais da comarca, como a Aula de Teatro de Ribadeo, Ollomao ou A Adala, que representarán escenas de textos teatrais independentes.

‘Ponte en escena’ foi unha invitación ao xogo, a xogar a ser outras persoas e a contar a través da recreación de situacións e emocións a través dos propios corpos. Este curso pretendeu mostrar o teatro como unha das forma máis antigas de xogo que se coñecen.

Exit mobile version