Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto de Jazz no camping Gaivota

As terrazas do camping Gaivota acollerán mañá venres, 17 de agosto, unha jazz-session. O concerto de Sumrrá, que dará comezo ás 23 horas, está promovido polo Eido Dourado. Segundo Dourado “trátase dun grupo tremendamente interesante, Sumrrá, e os seus componentes son uns grandes profesionais. É un concerto en aberto para todo o público que queira apreciar o bon jazz que se fai na nosa terra”. A entrada é libre e gratuita.

Exit mobile version