DARLLE A VOLTA A TODO
Viríanos ben darlle a volta. Por exemplo, que os bancos fosen os que sacasen ao público eses vinte e tantos mil millóns de euros en vez que terllos que inxectar para que poidan seguir sendo un negocio para algúns e sobre todo para que as expectativas especuladoras dos seus investidores se manteñan á nosa costa. Ese diñeiro dos bancos permitiría evitar os recortes máis sanguentos, e de paso estimular a economía. Se por ideas…
Moita xente estaría disposta a daralle a volta metaforicamente á situación tan complicada en que nos meteron todas estas persoas e entidades que parece que marcan o rumbo desta sociedade europea e occidental, pero que abarca a todos neste mundo totalmente globalizado.
O que non sei é se nesta crise serven xa campañas e frases chachis. A memoria fraquea moito nestes tempos, pero non podo deixar de recordar que hai pouco máis de dous anos a iniciativa das cámaras de comercio e cun importante apoio empresarial e financeiro, por certo, estaba Caixa Madrid entre os promotores, que cousas, saíu aquilo do “estosololoarreglamosentretodos”, con moita imaxe, bo rollo e demais. Hoxe nin sequera o dominio está accesible, pero xa en xuño de 2011 colgaban o letreiro de pechado cun iniciático “Ata aquí chegamos”. Oxalá fose certo…
Otero Regal