Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas historiadoras e unha antropóloga participan nas Xornadas de Historia Local de Burela que organiza o C.C. Buril

Mañá comezan as II Xornadas de História Local de Burela, organizadas polo Colectivo Cultural Buril, que se desenvolverán entre o 7 e o 9 de agosto, ás 20:30 horas na Sala de Conferencias e na Igrexa da Vila do Medio. Serán tres días dedicados á divulgación de aspectos destacados da história da nosa vila, este ano con especial atención aos movementos migratórios e tamén ao coñecemento do noso património.

As dúas primeiras sesións consistirán en dúas conferencias. A primeira delas, impartida pola historiadora burelá Herminia Pernas, versará sobre un dos aspectos fundamentais da nosa História e tamén un dos menos coñecios con relación a Burela, a emigración a América. A segunda sesión estará a cargo da antropóloga ribadense afincada en Burela Luzia Oca, que nos fará unha achega á historia da comunidade caboverdiana de Burela desde un ponto de vista histórico-sociolóxico e tamén da súa integración na sociedade burelá. As Xornadas rematarán cunha visita ás pinturas murais da Igrexa da Vila do Medio, a cargo da historiadora da arte burelá Lucía Bouza, quen falará dos aspectos históricos e iconógraficos das pinturas e dará conta do seu estado de conservación. A asistencia ás conferencias e á visita é gratuita e desde o Colectivo Cultural Buril convidamos a todas as persoas interesadas a asistir e participar das xornadas.

XORNADAS DE HISTÓRIA LOCAL. 7, 8 e 9 de Agosto. Burela 2012

Martes 7. Sala de Conferencias, 20:30 h. Facer as Américas. A emigración burelá a Ultrama no primeiro terzo do Século XX. Herminia Pernas Oroza.

Mércores 8. Sala de Conferencias, 20:30 h. Recuperando a história da comunidade caboverdiana de Burela (1977-2012). Luzia Oca González.

Xoves 9. Igrexa da Vila do Medio, 20:30 h. As pinturas murais da igrexa da Vila do Medio. Achega histórico-artística e estado de conservación. Visita guiada a cargo de Lucía Bouza Orosa.

Exit mobile version