ESCASEA O LIBREPENSAMENTO
Temo aos que nunca dubidan. Aqueles que sosteñen unha postura con aceda irreflexión, sen escoitar nin capacidade de recuar, e funcionan arroiando calquera indicio de discrepancia para impor o seu convencemento de quenda.
Por estes lares nos partidos políticos o debate desínflase. Unha tendencia que é de sempre pero que nos últimos tempos acentúase. Pero a gravidade da crise económica, que destapa os descaros e desacertos pasados, esixe desterrar as doutrinas enlatadas ao uso para explicar posturas á cidadanía.
As enquisas reflicten que as principais formacións ven minguadas as súas opcións electorais. A lexislatura acaba de estrearse e o desgaste do PP é inaudito para unhas siglas recentemente chegadas ao ansiado poder da Moncloa apto para torcer vontades. Non hai medio de comunicación máis influente que o Boletín Oficial do Estado.
Ministros hóuboos de todos os estilos. Pero, afortunadamente, destacan e permanecen no recordo colectivo os que concitaron méritos, luciron personalidade e brillaron polas súas inquietudes que os distinguiron sobradamente do resto.
A ausencia de crítica en democracia achanta o camiño aos totalitarismos. Os dirixentes que, de cando en vez, con lealdade mesurada, difiren das consignas internas robustecen a calidade do sistema.
Precedentes existen. Con todo, non os suficientes a diferenza doutros países, fundamentalmente anglosaxóns, onde desprezan, con razón, o seguidismo acrítico.
En ocasións, disentir é tan e necesario. E a prensa dixital ou de papel, segue sendo o foro natural no que incitar a reflexión como tarefa común. Demandemos, pois, excelencia ao espazo público e expresemos libremente a nosa opinión, e como di unha frasecita que anda por as redes, “Agora as noticias dámolas nos”e engado eu, pois a opinión tamén.
Otero Regal