Éxito das actividades medioambientais de Lugoteando na Mariña, que reuniron a preto de 250 participantes
– O poder de convocatoria desta iniciativa da Deputación, que suma xa máis de 400 participantes dende a súa posta en marcha a finais de xullo, demostra a potencialidade do ocio medioambiental como oportunidade económica da provincia
– Tras celebrarse en Monforte, Vilalba, Viveiro e Foz, continuará o día 25 na Fonsagrada e entre o 6 e o 9 de setembro en Lugo, datas para as que xa hai uns 300 inscritos
– Os interesados en anotarse aínda poden facelo chamando ós números de teléfono 982-12-00-64 ou 609-90-32-11, ou na web www.deputacionlugo.org
Trala Zona Sur, A Chaira e A Mariña, o calendario de Lugoteando continúa esta fin de semana, o día 25 na Fonsagrada, e entre o 6 e 9 de setembro no entorno do río Miño ó seu paso pola capital lucense. Para estas datas hai xa uns 300 inscritos, pero os interesados aínda poden anotarse, ben chamando ós números de teléfono 982-12-00-64 ou 609-90-32-11, na web www.deputacionlugo.org na que o usuario pode descargar un formulario que debe enviar cuberto á dirección lugoteando@deputacionlugo.org No caso dos menores de idade, terán que presentar unha autorización asinada polos pais ou titores, que poden descargar na web e enviar por correo a lugoteando@deputacionlugo.org ou ben in situ.
As actividades desenvolveranse en horario de 15:00 a 20:00 horas e serán as seguintes:
– Na Praza do Museo da Fonsagrada: segway, skate eléctrico, long skate e simulador de surf.
– No entorno do río Miño en Lugo: paddle surf, batuxos, bolas acuáticas, scooters acuáticos, paseos en canoas e actividades infantís.
Pola economía medioambiental
O programa Lugoteando reforza outras iniciativas coas que a Deputación potencia a economía medioambiental na provincia, tales como o Km0, que leva xerado un volume de negocio de 1,5 millóns de euros nas empresas da provincia, sobre todo PEMES e autónomos, e contribúe a manter 1.400 postos de traballo directos; o Km0 Balnearios no Camiño, grazas ó que o pasado ano estiveron 1.350 persoas nos establecementos termais de Palas, Pantón, Lugo e Guitiriz, e este ano farano outras 1.400; ou o Surf Camp, que serve de tirón para aumentala ocupación hoteleira na Mariña fóra de tempada, chegando na última edición a rozar o 80% na zona oriental da comarca, e incluso superar esta porcentaxe no Concello de Ribadeo.