A asociación de veciños Cervo-Sargadelos celebra un ano máis a exposición de manualidades, costura-bordado e bolillos do 13 ó 18 de agosto nunha sala do ecomuseo de Cervo. A exposición é unha representación das actividades levas a cabo durante o ano. Os responsables da asociación esperan as visitas dos veciños de Cervo e A Mariña e aproveitan para desexar felices festas a todos os veciños.