Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz a celebra a II Festa Normanda a fin de semana

A HOSTALERÍA DE FOZ OFRECERÁ MENÚS NORMANDOS A 15 EUROS OS DÍAS 24, 25 E 26 DE AGOSTO.

Foz, 22 de agosto de 2012. O vindeiro vernes, 24 de agosto, dará comezo en Foz a II Festa Normanda. A vila voltará á idade media durante unha fin de semana chea de representacións teatrais, desembarcos, xogos, bailes, bodas… todo co obxectivo de lembrar a lenda de San Gonzalo.

Coma toda boa feste que se precie non faltarán tampouco os manxares daquela época. A hostalería focense ofrecerá os días 24, 25 e 26 de agosto menús normandos a 15 euros, nos que se poderán degustar diferentes propostas como empanada, pulpo, churrasco, polo asado ou lacón.

ACIA Foz colaborou tamén nas últimas semanas nas tarefas de preparación de dúas embarcacións que participarán no desembarco da II Festa Normanda o sábado 25 ás 13 horas.

Exit mobile version