Site icon Crónica3.com A Mariña

Independentes de Viveiro presentan once preguntas e catro rogos ao pleno do concello

Independientes de Viveiro

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
PREGUNTAS

1.- A embarcación pertenecente ao Concello “A Pomba”, levada o peirao norte de Celeiro, por Portos de Galicia o día 3 de Outubro de 2011, estaba vallada para evitar e impedir que ninguén subira nela, e dende fai tempo está sin vallas que impidan acceder á mesma, ¿De quen depende esto?, Se ocurre calquera sinistro a bordo, ¿Quen será o responsable?.

2.- Seguindo coa mesma embarcación, ¿como está a demanda do Concello frente a Portos de Galicia?.

3.- Na intersección entre a acera da marxe esquerda (en dirección a capela da Misericordia) e o paseo marítimo (perto da opel), hay un desauge que dende fai tempo desprende un olor nauseabundo. ¿De donde proceden as augas que alí saen o mar? Está previsto arranxar a situación.

4.- Xa se denunciará hai tempo o cheiro que desprendía a estación da EDAR do cruce de Celeiro. ¿Fixose algunha xestión o respecto para tratar de solucionar este tema?.

5.- Despois do caos circulatorio sufrido de novo durante os meses de Xullo de Agosto, con ringleiras de coches dende magazos, as sirenas ou dende o cruce de Celeiro, ata o centro de Viveiro, ¿ten o equipo de goberno algunha resposta da Xefatura de Trafico polo tema da rotonda prevista perto da ponte de feve?

6.- Despois do pasado veran 2011, no pleno ordinario de Outubro por parte desde grupo municipal facíase un Rogo para tratar de regular a instalación de autocarvanas no Concello, coa creación dun espacio controlado ou ben facer unha ordenanza municipal para a regulación das mesmas. Por parte da alcaldía respostabase: que o mellor era facer unha Ordeanza municipal cos permisos temporais a que teñan dereito e limitacións de aparcamento. Este vran volveuse a repetir a escena. ¿Tense feito algo deste tema?.

7.- No aparcamento de Covas, frente os castelos, cada quen aparcar como quere, sin ordenación ninguha. ¿Poderíase proceder á pintada das marcas de aparcamento para delimitar a zona?. Asi mesmo seguimos sen a colocación da iluminación.

8.- Temos varias queixas de veciños sobre a limpeza en varias zonas do Concello, sobre todos nas fins de semana no casco, así como o do mal olor que desprenden os contenedores, , ¿ten constancia destes feitos o goberno municipal?, ¿vaise facer algo para solucionar esto?.

9.- Varios bancos de madeira e tamén mobiliario urbano do paseo maritimo fluvial que vai de Xunqueira ata Portochao deteriorados debido o vandalismo, están sen repoñer e arranxar. ¿Cando se vai proceder?

10.- Queixaronse varios veciños de que o rexistro xeral municipal do Concello permaneceu sen atención o público o pasado venres días 17 de Agosto. ¿A que foi debida esta situación?.

11.- No pasado pleno do mes de Mayo de 2012, por parte de este grupo municipal presentouse unha moción para a “solicitude de axudas para a rehabilitación das vivendas do celeiriño”, ¿Tivo o Concello, por parte da administración autonómica resposta algunha deste importante tema?

12.- Despois de varios roturas na canalizacion da auga en varias zonas na parroquia de Magazos, debido ao deterioro das tuberías, ¿esta previsto tomar algunha medida?

…… ……………………………ROGOS

1.- As obras de reposición do firme da estrada LU-862, dende a rontonda do motel las Sirenas ata o cruce á praia de Area, executadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no seu pintado, presentan varias deficiencias.

Oindo as demandas de varios veciños, e que estimamos que nas zonas que se van sinalar de seguido existe visibilidade dabondo, ROGAMOS se solicite a dito departamento da Xunta e a si mesmo se tamén corresponde a Xefatura Provincial de Trafico, o repintado nalgunhas zonas, dado que so se pode cruzar dende un lado da vía, e citamos varios exemplos, entre outros:

 Un vehículo que ven de Celeiro e quere ir o aparcadoiro de supermercado Eroski, non pode cruzar, ten que ir xirar a rotonda da entrada a Viveiro.

 Un vehiculo que vaia en dirección a Celeiro e queira ir ao muelle da baixura (por exemplo marineiros para embarcar), non se pode xirar a esquerda e hai que ir ata a conselleria de pesca para voltar atrais.

 Na recta de cantarrana frente o edificio parquemar e todo liña continua, e se se que aparcar no otro lado da via, non se poder cruzar, en ambalas direccións.

 Un vehículo de queira ir o taller da renault, en dirección ribadeo, non poder cruzar.

2.- Seguindo na mesma estrada, ROGAMOS o goberno municipal, que soliciten a quen corresponda o sellado da tapas dos rexistros ao longo da estrada pois movense casi todas, co perigro que pode acarrear a calquera vehiculo se de tanto vibrar afondan.

3.- Asi mesmo na rúa Lavandeiras, varios veciños fixeromnos a mesma indicación, xa que polas noites en varios puntos casi que e imposible conciliar o sono polo ruidos que desprenden. Rogamos solución para o mesmo.

4.- Dado que o vindeiro 31 de Agosto remata os seus servicios neste Concello a interventora provisional e dado o volumen de traballo que se realiza nese departamento, que estimamos prioritario para o bó desenvolvemento do Concello, e polo que ROGAMOS se fagan todas as xestións posibles ante os organismos que correspondan, o obxeto de cubrir a maior brevidade posible esa praza.

Exit mobile version