Site icon Crónica3.com A Mariña

Independentes de Viveiro presentou unha moción contra a eliminación das oficinas liquidadoras

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, presenta a seguinte:

MOCIÓN

CONTRA E ELIMINACION DAS OFICINAS LIQUIDADORAS .-

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Xunta Galicia ten a intención para o próximo ano 2013 da creación e posta en funcionamento da Axencia Tributaria de Galicia, un organismo público que estaría adscrito a Facenda e que recentralizará tódalas competencias tributarias da comunidade, o levará consigo a desaparición das 42 oficinas liquidadoras que na actualidade operan en Galicia e que se atopan en vilas e cabeiras de comarcas, como e o no noso caso, a de Viveiro, xestionada polo Rexistro da Propiedade.

As oficinas liquidadoras perviven coas suas funcións características dende hai máis de 150 anos, baixo situacións politicas, sociais e económicas diversas.

A través das oficinas liquidadoras nos diferentes Rexistros da Propiedade veñense realizando todas as xestións relacionadas coa tramitación de liquidacións e autoliquidación referentes a: impostos de sucesións, transmisións patrimoniais, actos xurídicos documentados, etc… tanto de particulares como de empresas, ademais da correspondente liquidación das taxas e xestións, asi como a comprobación de valores, notificacións, requirimentos. e tamén a interposición de recursos de reposición.

Ademáis do citado están a realizar tamén unha labor moi importante como é o arquivo de escrituras tanto privadas como públicas, dado que as primeiras se o contribuinte as perde pode solicitar unha copia nesas dependencias, coa diferencia que as publicas sempre se poden solicitar nas notarías correspondentes. Nunha palabra as oficinas liquidadoras están en cada pobo para xestionar os tributos, respostar ás consultas e o asesoramento ós ciudadáns nos seus trámites, o estar encontacto directo cos contribuintes. Tamén está demostrada a sua xestión como maís eficaz e eficiente que a desenrolada polos servicios de xestión tributaria da Xunta, como reflexan diversos estudios.

De non proceder por parte do goberno da Xunta de Galiza á renovación do convenio que remata o 31 de decembro deste ano, á desaparición destas oficinas liquidadoras pasarán a ser meras oficinas buzón, receptoras de documentación, obrigando aos veciños a acudir ás grandes cidades para realizar o resto dos trámites relacionados coas liquidacións, recursos, etc… ademais de perder o resto dos servizos que viñan prestando.

Esta actuación supón unha medida que vai en contra do proceso de comarcalización dos servizos e do equilibrio territorial predicado, e asi mesmo vai producir un incremento de gastos para os contribuintes, como consecuencia da necesidade de desprazamentos as sedes das delegacións correspondentes, tanto para pedir asesoramento como tamén para a presentación de recursos, solicitudes de aprazamentos, certificacións de documentos liquidados,etc…

A demarcación da oficina liquidadora de Viveiro, comprende os municipios de Viveiro, Burela, Cervo, Xove, Muras, Ourol, O Vicedo, e cubre unha total de 37.597 ciudadanos, que nos veríamos perxudicados coa elimanción da mesma. Proba de que cidadanía quere o mantemento destas oficinas son as máis de 1000 firmas acadas ata o momento na de Viveiro.

Esta e outra mostra máis de que a admistración en vez de facilitar ós ciudadans os medios para cumprir coa mesma, cada vez alonxa máis os servicios, coa conseguinte discriminación á poboación que vivimos fóra dos grandes núcleos urbanos de Galicia, pois trátase dunha medida que nos priva de servicios cos que viñamos contando, e quere a centralización nas grandes urbes, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol, o que creemos que e un proceder erroneo pois todos pagamos os mesmos impostos. Non e entendible cuns servicios que estan funcionado moi ben se queiran cambiar.

Asi mesmo esta medida pode levar consigo o despido de o redor de 135 persoas que na actualidade prestan os seus servicios nas oficinas liquidoras de Galicia.

Esta proposta da Xunta de Galicia, xa fracasou noutras comunidades autónomas como Madrid ou Extremadura, que despois da sua eliminación, foron recuperedas. Máis recente e o caso de Baleares que este ano voltou a poñelas en marcha.

Por todo o anteriomente exposto, o grupo municipal do iVi (Independientes de Viveiro) solicita do Pleno da Corporación municipal a aprobación dos seguintes:

ACORDOS

1.- Instar á Xunta de Galiza a revocar a súa determinación de eliminar a oficina liqudadora de Viveiro, e asi mismo tódalas de Galicia, para seguir realizando as súas funcións de oficinas liquidadoras nos Rexistro da Propiedade de vilas e cabeceiras de comarcas, e a que se renoven os convenios.

2.- Instar os alcaldes de cada una das localidades que comprenden a demarcación da oficina liquidadora de Viveiro, para invitalos a que sus Concellos se sumen a esta reivindicación, pois eles tamén son perxudicados.

3.- Solicitar así mesmo o apoio da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Exit mobile version