Site icon Crónica3.com A Mariña

IpV apunta a exsistencia de intereses en gastar 240 mil euros na reforma da gardería de Alfoz cando xa se coñecía que non abriría

¿Interéses ocultos na gardería de Alfoz?

A abultada inversión realizada na gardería de Alfoz, 240.000 euros, tan só para reformar unhas intalacións que xa albergaran a antiga escola infantil da parroquia, unidos ós argumentos da Xunta de Galicia para non abrila, argumentos que xa se coñecían antes da adxudicación da obra, fan sospeitoso o interés en realizar a citada construcción, feitos que algunhas persoas denunciamos por aqueles tempos, son uns puntos negros en todo o proceso que fan preguntarse, que intereses ocultos hai na construcción da gardería? E mesmo si concorda a cantidade da adxudicación coa cantidade real invertida no proxecto, quen tiña interés na realización da obra cando se sabía de antemán que non había nenos no concello para acudir a mesma?

Hai feitos que como que se aproveitara lousa do teito antigo da escola para a nova cuberta, choca cos 240.000 euros invertidos en tan só unas reformas.

Todos os datos que argumentan a non apertura da gardería, coñeciánse antes da aprobación do proxecto, entón que interés había en que se realizara a obra? como se xustifica unha cantidade tan abultada para tan só unas reformas dun centro de tan pouco tamaño.

Que interés tiña o alcalde para pedir a gardería para Alfoz cando xa coñecía os datos de nacementos do concello?, e darlle prioridade a este proxecto en lugar de a outros como o PXOM que ten máis importancia para os veciños do concello.

Consideramos que tanto a Xunta como o alcalde deberían dar máis explicacións sobre este proxecto inútil e xustificar o abusivo gasto realizado en tan só unas reformas. A realización do proxecto mostra demasiados puntos negros que levan a pensar mal sobre a transparencia do mesmo, e sobre a donde foi parar todo ese diñeiro.

Exit mobile version