Site icon Crónica3.com A Mariña

Música e versos daranse cita o domingo 19 no Eido Dourado

MÚSICA E VERSOS DARANSE CITA O VINDEIRO DOMINGO, 19 DE AGOSTO, NO EIDO DOURADO.

Barreiros, 17 de agosto de 2012. Música e versos daránse cita o vindeiro domingo, 19 de agosto, no Eido Dourado. A programación cultural promovida por este espazo adicado ao arte está a piques de concluir, segundo anunciaba esta mesma mañá Celso Dourado.

Dourado explicou que “a programación cultural nos xardíns do Eido Dourado traerá o vindeiro domingo, día 19 de agosto, o espectáculo Polares, que son os versos de Olalla Cociña recitados por ela mesma co acompañamento musical de Bernardo Martínez. Música e versos compoñen esta proposta musical que percorreu no ano 2010 distintos lugares de Galiza no marco do proxecto Versos de amor e lúa, polo cal distintos poetas levaban os seus traballos polas etapas do Camiño de Santiago. A poeta vivairense e un músico retoman aquel espectáculo para traelo aos xardíns do Eido Dourado nun recital que terá lugar ás 22 horas do próximo domingo e que enriquece a programación cultural que ven animando as noites do verán mariñán con distintas propostas artísticas”.

O artista barreirense engadiu que “os versos de Olalla Cociña teñen como materia principal a evocación das lembranzas da infancia na Mariña, a figura das avoas, das mulleres como motores da emoción da memoria. É un placer poder disfrutar da súa presenza no Eido Dourado”. E animou a asistir a esta nova velada “porque a combinación de Olalla e Bernardo é realmente maravillosa e o marco préstase para eso, porque se fai nos xardíns e se o tempo nos axuda penso que será unha velada realmente entrañable”.

Celso Dourado engadiu que “estamos a piques de rematar, acusamos cansancio porque foi bastante rechea a programación cultural deste ano”.

Exit mobile version