Site icon Crónica3.com A Mariña

Nenos e nenas da Ocioteca de Burela visitaron o barco museo Reina del Carmen

Un grupo de nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos visitaron na xornada de onte o barco museo Reina del Carmen. Segundo explican desde a Concellería de Medio Ambiente “esta saída forma parte dunha das actividades da ocioteca que se levan a cabo, co obxectivo de sensibilizar aos nenos da importancia do noso patrimonio artístico e cultural”. Os nenos estiveron acompañados das monitoras do Centro de Educación Gaia e dun guía.

Exit mobile version