Site icon Crónica3.com A Mariña

Normalización Lingüística de Foz traballa nun proxecto para recoller e divulgar o patrimonio documental do concello

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Foz programou una serie de actividades destinadas a recoller, seleccionar e divulgar o patrimonio documental popular deste concello mediante o estudo Foz, Lingua viva.

O traballo de posta en valor da documentación escrita en lingua galega será realizado en tres fases:

Localización e recollida da documentación (do 5 de agosto ao 5 de setembro)
Proceso de inventariado, clasificación e selección dos textos
Exposición pública

Socilitamos a colaboración dos cidadáns de Foz para participar nesta actividade de fomento e divulgación da lingua e cultura galega no concello, co fin de estudar a evolución da presenza do galego nos textos escritos durante as últimas décadas:

Facilitando unha copia dos documentos e textos redactados en galego que posúan
Indicando nome de persoas que poidan ter documentos e textos redactados en galego
Dando referencias de actividades que merezan ser rescatadas para a memoria colectiva

LISTAXE DE DOCUMENTOS A RECOMPILAR ESCRITOS EN GALEGO RELACIONADOS CO CONCELLO DE FOZ E AS SÚAS PARROQUIAS

Comunicación Comercial: bolsas, papel de envolver, cartóns de visitas, publicidades (copias de anuncios), fotografías de rotulación (local comercial, vehículos de reparto)

Cerimonias: Convites de casamentos, menús, outros convites, recordatorios

Necrolóxicas: Fotografías de lápidas, epitafios ou esquelas

Documentos notaríais: Compra-vendas, testamentos, permutas, partillas, constitución de sociedades e cooperativas…

Documentación laboral: contratos, convenios, instrucións laborais ou notas profisionais…

Actas: Comunidades de vecinos, asociación de vecinos, culturais, xuvenís, políticas

Actividades relixiosas: Liturxia, catequese, información parroquial

Correspondencia pública ou privada

Diagósticos sanitarios

* Se o colaborador así o desexa, respectarase a privacidade dos datos achegados no documento.

Contacto: Miguel Arce Méndez

Tf: 662 331 506

servizonormalizacionfoz@gmail.com

Entrega de documentación:

Casa da Cultura. Horario: de 10h a 14h de luns a venres.

Exit mobile version