Unha nova edición do Mercado do Souto terá lugar este vindeiro domingo día 12 de Agosto, a partires das 10.00 h. ate as 14.00 horas na praza do Souto en Cervo, que coma sempre ten lugar os 2º e 4º domingos de cada mes. Esta é unha iniciativa da Asociación C. Airiños do Xunco de Cervo e da Asociación de consumo ecolóxico Karrikanta de carácter comarcal, co obxectivo fundamental de poñer en contacto a produtores e consumidores poñendo en valor a produción e o consumo de produtos orgánicos e naturais.