
O vindeiro día 11 de Agosto celebrarase o II Día Solidario de Barreiros, este ano co fin de recadar fondos para os nenos galegos Alex e Lola ( con paralisis cerebral) para o que requiren custosos tratamentos. Os productos da subasta benéfica pódense ver no facebook da Coordinadora voluntariado de Barreiros e no evento do II Día Solidario, entre ese agasallos temos unha camiseta do Deportivo da Coruña, Do Celta de Vigo e do Lugo firmadas polos xogadores, unhas zapatillas de Jesús Vazquez adicadas, uns cd´s e unhas camisetas de Lucía Perez asinadas e unha chea de cousas máis.